Saltar al contenido

Cartel

Hoxe é dezasete de maio, día das letras galegas, día no que celebramos a publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863)  de Rosalía de Castro. Hoxe recordamos a unha autora que chegou a Galicia para quedarse, que namorou do galego e que impulsou a literatura para a infancia nesta lingua. Este dezasete de maio o dedicamos a María Victoria Moreno, a muller que tivo unha fermosa historia de amor co galego.

María Victoria Moreno naceu en Cáceres no ano 1939. Os vinte e seis anos comeza a traballar de mestra de lingua castelá en Lugo, e será alí onde a autora comece a súa relación co galego.

A partir do ano 1971 María Victoria escribía principalmente en galego. Nesa época a escritora mudouse a Pontevedra, lugar onde impartiría clase de galego de forma clandestina.

En 1973, o réxime retiraría a mestra o seu pasaporte por falar e ensinar galego. Nese mesmo ano publicaría a súa primeira obra en galego Mar adiante.

María Victoria impartiu clase en galego, escribiu en galego e creou espazos, coma unha librería onde atopar esta literatura a que deu vida.

María Victoria Moreno escribiu principalmente para un público infantil e xuvenil, inda que tamén traballou a poesía e a literatura para un público mais maior.

O final da súa vida escribiu un ensaio, Diario da luz e a sombra (XERAIS) onde recolle a súa experiencia na loita contra o cancro de mama. Finalmente, no ano 2005, a autora perdería a batalla contra esta enfermidade deixándonos a súa obra e os bos recordos dos seus alumnos.

María Victoria Moreno. Ilustración

"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor. ”

 Potcast

 Neste potcast colaboraron: Suso Díaz, Francisco Narla, Irene Penas, Manrique Fernández, Nacho Alonso, Eli Ríos, Beatriz Maceda, José Rodriguez, Sabela Pedreira, Francisco Castro e Andrea Jamardo. Coa colaboración de Sabela González e Gálix.

Producción do equipo do Recuncho do lector, Juan Carlos Jiménez e Guillem León.

 

Sobre a súa obra

 

Á hora de publicar, o seu maior auxe deuse na lingua de Castelao e, por iso, a continuación pasaremos a falar das súas obras máis importantes.
Mar adiante, Sada, Ediciós do Castro, 1973: Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Sabemos entón de Miguel, un vello mariñeiro, que fixo un barco cando soubo que o mestre ameazara aos rapaces con tiralos ao mar cos libros ao pescozo se non sabían a táboa do sete. E púxolle tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e garimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra. No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos mozos náufragos aos que o patrón rico non quixo acudirlles, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, que seica querían protexer as colleitas, a historia de amor imposible entre un vagalume e o Luceiro, que sae antes e marcha despois para que o vexa a súa amada, e mais a de Lola, que lles fixo unha árbore de Nadal con argazos camiñando sobre o mar e logo quedou durmida para sempre.
• Leonardo e os fontaneiros, Vigo, Galaxia, 1986: É unha narración que se publicou por primeira vez no ano 1986 e que desde entón se convertiu nun dos libros máis buscados por pequenos e grandes, pois aínda que foi escrito pensando en lectores de doce anos, ó final, como sucede con toda literatura de calidade, acabou sendo unha obra para todos. Conta as historias que lle suceden a Antón e mais a Leonardo. O primeiro é un neno que se chama Antón Andrade Asorei e que cursa oitavo. O segundo, a pesar do nome, non é un rapaz, senón un can; polo tanto carece de apelidos. Ó longo do libro suceden moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen as conta é Antón. E sabe contalas moi ben.
• Anagnórise, Vigo, Galaxia, 1988: Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.
• Guedellas de seda e liño, Vigo, Galaxia, 1999: Unha novela chea de contrates, na que a nobre delicadeza do ambiente pacego habitado polos seus protagonistas contrasta vivamente coa ruindade sempre ao axexo dalgúns personaxes que por alí roldan. Escrita coa pulcritude estilística e o rigor construtivo que caracterizan a literatura da autora de Anagnórise, esta novela prescinde das convencións máis rutineiras da narrativa xuvenil e convídanos a compartir un mundo complexo, unhas veces radiante e outras veces noxento, que ten no amor a súa última e verdadeira xustificación.
• Diario da luz e a sombra, Vigo, Xerais, 2004: A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. Destilación de vida en estado puro. A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Achegarse a estas páxinas cheas de coraxe, enchidas de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida María Victoria Moreno.

1

Ola lectores!. Hoxe veño con citas de María Victoria Moreno. Onte facíamos un repaso polos seus libros e hoxe mergullámonos neles para extraer as fermosas palabras que agochan.

María Victoria Moreno. Ilustración

«O corazón, coma as cousas que se saben, como os cartos que se gañan soamente serve para algo se se comparte cos demais.» Leonardo e os fontaneiros.

 

«Se contas unha vida sempre quedan fíos pendentes.»

«Eu son eu. Son así. Estou contenta de min mesma. Abonda para seguir vivindo en harmonía con destino que foi escrito para min dende as estrelas.» Diario da luz e da sombra.

«Non tiveches nunca a impresión de que había dentro de ti algo que quería escapar?» Anagnórise

 

«Esta biblioteca é miña Zaratustra, algo así como a sombra da miña alma.»

«As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos mais fermosos.» Anagnórise.

«A outra pregunta que nos debemos facer é se somos escritoras galegas só pola lingua na que escribimos ou se o somos tamén pola nosa actitude ao enfrontarnos co mundo onde lles damos vida ás nosas historias. Para responder a isto compre volver a vista atrás e reflexionar, aínda que so sexa, superficialmente no devir da literatura en Galicia.» Nosoutras.

«E que longas son as preguntas mentres non teñen resposta. Que longas son... Medran e medran, parten en cachos e cada cacho a fin nunha pregunta nova.» O amor e as palabras.

«—Ai, rapaz, canto medo gardas dentro de ti. Así non se pode ir pola vida.

—O que pasa é que vostede é moi arriscada, que nin lle sei como poido chegar ata hoxe, deste xeito, sen arredarse nunca ante os perigos.

—E que debo confesarche que non sei que cousa é un perigo. ¿Sábelo ti?» Anagnórise

«É un libro moi fermoso e as súas páxinas están cheas de paixases que eu podo percorrer até percibir a fragancia da herba, de desgoiros que aniñaron e aniñan hoxe no meu corazón e de rapaces que estudan, viaxan,xogan, van á procura do amor ou foxen del movidos por forzas misteriosas.» O amor e as palabras

«Por iso non me deteño e vou achegándome os portelos aos portelos onde asdiversas empresas venden billetes para viaxar, para fuxir, para voar, para soñar…» O amor e as palabras

Ola, ola, este xoves celebramos o día das letras galegas, e dende aquí queremos que coñezades un pouco mais a María Victoria Moreno a súa amplía obra. Hoxe repasaremos a súa bibliografía para recomendarvos algunhas das súas obras.
Imos dividir estas recomendacións por niveis, comezando cos libros escritos para os mais pequenos e rematando coas novelas para un público mais adulto.
Preparados? Imos alo!

María Victoria Escribiu varios contos para os cativos, e dende aquí, queremos destacar as historias que en Urco editora rescataron e  e ilustraron.
O cataventos e A brétema

Portadas

 

Inda que a autora non cría nunha literatura moralizadora podemos observar que estas, e outras, historias, dedicadas os mais pequenos traen unha clara mensaxe.
Ademais, para que os nenos e nenas coñezan a esta autora, a editorial ten unha pequena biografía escrita por Eli Ríos que achega a figura da autora con divertidas ilustracións e unha curiosa voz narradora.

Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno.

Portada

 

Se queremos algo mais extenso, e para un público un pouco mais maior temos:
-Eu conto, ti cantas (XERAIS)

Portada

 

unha historia de amizade con doce aroma.

Leonardo e os fontaneiros (Galaxia)

Portada

unha das obras mais coñecidas de Mgaría Victoria.
Mar adiante (Xerais) Primeira obra en galego da autora. Esta obra ten as súas orixes na conversa cun periodista. Na actualidade e considerada unha das primeiras obras de LIX en lingua galega.

Seguimos crecendo e seguimos descubrindo obras de María Victoria.
Esta autora demais de contos, historias, novelas e ensaios, tamén escribiu relatos, para a mocidade e o público adulto.
De novo debemos falar do traballo de Urco para presentar:

O amor e as palabras

Portada

un libro composto por relatos, que ata agora atopábanse de forma independente.
Neste libro atoparemos relatos como Pan con chocolate ou O amor e as palabras, relato que ve por primeira vez luz neste libro.
Seguimos camiñando e atopamos unha novela moi coñecida da autora. Sabedes cal?
Anagnórise (Galaxia)

Portada

Neste libro María Victoria ponse na pel de Nicolau, un rapaz que mentres fuxe da súa casa coñece a unha condutora que marcará a vida deste mozo.

Volvemos falar de relatos, pero nesta ocasión para un público mais adulto.

Nosoutras (Urco editora)

Portada

é un conxunto de relatos, entre eles Nosoutras, relato que dará título a esta obra. María victoria tratará nestes relatos diversos temas con esa forma tan característica que ten de contar historias.
Nosoutras comeza cun texto que reivindica o papel da escritora galega e fala da historia de varias mulleres, que coma ela, son mestras que deciden deixar as súas historias no papel.

Para rematar este repaso pola obra de María Victoria, queremos mencionar O diario da luz e a sombra (XERAIS)

Portada

Ensaio que a autora escribe cando esta loitando contra o cancro de mama.

 

Deixamos moitas obras no tinteiro, pero esperamos que coñecer estes títulos vos anime a descubrir a esta gran escritora a que este ano dedicamos as letras galegas.

1

¡Hola Recuncheir@s!

Hace un año subimos la primera entrada al blog, el 21 de noviembre para ser exactos. Tendría que haber escrito esto una semana atrás, pero la verdad es que se me pasó por completo.

No comenzamos en esta aventura quienes hoy estamos en ella, si algunos, pero no todos, fue nuestra jefa quien lo comenzó todo; es jefa porque ella nos unió, nos mostró un proyecto que le hacía mucha ilusión y esa ilusión me la contagió. Buscamos nombres en castellano y gallego, no recuerdo que nos hizo decantarnos por este.

Una vez nombrado, presentamos a otras dos personas lo que ambas queríamos, sí, ambas, me había convencido, y como Alicia siguió al conejo blanco a través de la madriguera, yo seguí a mi mejor amiga a través de esta aventura.

Queríamos que esto fuera para siempre, que dentro de muchos años pudiéramos seguir con esto, yo quiero que sea así, y de momento lo estamos consiguiendo, hemos mejorado un poco desde la primera entrada que subimos hace un año; tras esa entrada solo vino otra y después tuvimos el blog muy parado, no sabíamos que hacer, qué escribir o cómo enfocar este proyecto, cuando comenzamos al cien por cien como ahora fue solo meses después.

Supongo que esto no es solo una entrada nostálgica que me ha dado por escribir, sino un momento de reflexión, un instante en el que echo la vista atrás y vienen a mi mente todos aquellos que nos han ayudado, editoriales tales como: Xerais, Urco, Círculo Rojo, Galaxia, Luhu, Max Estrella Ediciones, Esfera De Libros, SM… O autores que nos han dado difusión como Loola Pérez, José Rodríguez, Ledicia Costas, Eli Ríos, Alexandra Osbourne o los que se me olvidan.

Supongo que eso es todo por ahora, espero que dentro de un año pueda escribir otra entrada conmemorativa de estas.

Por aquí os dejo el enlace de la primera entrada que escribimos y subimos: https://orecunchodolector.es/presentacion/

Por último, y para nada menos importante, quiero daros las gracias a vosotros, tenemos apoyo de algunas editoriales y escritores, pero sin vosotros y vosotras esto no sería lo que es ahora. Sin lectores, esto no sería O Recuncho Do Lector.

¡Un saludo y hasta la próxima lectura!

Ola a tod@s

O outro día desprazámonos a feira do libro de Vigo para ir a sinatura de Eli Ríos quen, ademais de asinar un dos seus libros, respondeunos un pa de preguntas.

Sobre a autora

Eli Ríos é unha autora galega que escribe poesía, libros infantís, ensaio.

Algúns títulos:

  • Nós escoitando o badalo de Marienplatz (Poesía)
  • Marta e a píntega (infatil)
  • Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno (Ensaio)

 

Aquí tedes o audio da pequena entrevista que fixemos este xoves na feira do libro de Vigo.

Dende aquí agradecer a libraría cartabón que nos avisaran e a autora por responder as preguntas e asinar o exemplar que levamos.

Ir a descargar

***

Si quieres leer más entrevistas puedes hacerlo desde aquí.

Centro de preferencias de privacidad

Cookies propias del sitio

Se usan para almacenar tu nombre, correo, IP y demás datos que dejas en los formularios de comentarios, contacto, acceso y tus preferencias de privacidad.

AUTH_KEY, SECURE_AUTH_KEY, LOGGED_IN_KEY, NONCE_KEY, comment_author, comment_author_email, comment_author_url, rated, gdpr, gawdp, wfwaf-authcookie, wordpress_logged_in, wordpress_sec, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-time-1, wp_woocommerce_session, a11y-high-contrast, a11y-larger-font, __cfuid, tk_lr, tk_or, tk_r3d

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente datos para conocer tus usos de navegación, y los elementos compartidos en redes sociales. También son usadas por el sistema de afiliados de Amazon.