Recomendacións para Samaín

Recomendacións para Samaín

Ola meigas e bruxos.

Hoxe veño  traer unha especie de continuación da entrada que fixo Samira. Neste caso falaremos de libros para Samaín escritos en galego.

Vampiros, casas encantadas, cociñeiras defuntas, pantasmas que fan travesuras e, por suposto, gatos de cor negra que nos levan de viaxe.

Imos o alén?.

 

Comezamos falando dun imprescindible. Un clásico xuvenil da literatura galega.

  • Cartas de inverno
  • de Agustín Fernández Paz.

    portada

    Unhas cartas, unha misteriosa desaparición e unha casa encantada. 

    Se queredes saber máis sobre esta historia aquí tedes a recensión que fixemos.

     

    Para os mais peques tamén temos lectura para este samaín.

  • Violeta quere ser vampiro.
  • De Ramón D. Veiga (Autor) e
    David Sierra (Ilustrador)

    portada

    Un conto de samaín que nos conta como Violeta e a súa familia pasan a noite do trinta e un de outubro.

    Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, «aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar».

    Nestas recomendacións non podían faltar as aventuras da pequena cociñeira defunta.

     

  • e Esmeraldina, a pequena defunta.
  • portadaportada

     

    Macabras e divertidas aventuras. Pratos deliciosos e multitude de fantasmas esperan nestes libros para divertir a grandes e pequenos na noite de Samaín.

     

    Escarlatina:

    Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

     

  • Esmeraldina
  • O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

     

    Fagamos reconto: Temos pantasmas, vampiros, cociñeiras defuntas e casas encantadas… Que falta?  Pois un gato negro e unha bruxa!

     

    Coraline 

    de Neil Gaiman

    portada

    Este libro foi traducido e unlicado este ano por Urco editora. Que mellor momento que Samaín para viaxar con Coraline a novos mundos ondeos gatos falan e todo parece perfecto?

    Ademais, esta historia conta cunha película de animación que capta moi ven o espíritu desta historia.

    Argumento

    Cando Coraline chegou a aquela nova casa, non podía imaxinar o que agardaba por ela detrás da porta cegada da sala.

    Calquera cativa podía imaxinar un cuarto oculto, un rocho cheo de misterios e cousas vellas, mais outro edificio idéntico ao dela? Non, iso estaba alén da súa imaxinación.

    Así e todo, non era idéntico de todo. Nese outro mundo alén da porta fechada da sala había algo raro e excéntrico, especialmente se se tiña en conta que o gato negro do xardín falaba e todos os seus habitantes humanos tiñan botóns cosidos no lugar onde deberan de estar os seus ollos.

     

     

    Ata aquí algunhas recomendacións para a noite de mortos.

    Feliz ano novo celta, lectores.

     

     

    Deja un comentario

    Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.