Recensión: A Señorita Bubble, de Ledicia Costas

Ola lectores! Hoxe teño unha nova recensión para vos.

DATOS BIBLIOGRÁFICOS: 

Portada

  • Título: A señorita Bubble.
  • Autora: Ledicia Costas.
  • Ilustrador: Andrés Meixide.
  • Editorial: XERAIS
  • Páxinas: 168
  • Encuadernación: tapa branda.
  • Ebook: Si.

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

Ilustración interior de la protagonista
«Todo empezou un luns, que é o mellor día da semana para que sucedan cousas»

Recensión: 

Existen persoas simpáticas, antipáticas, lunáticas, aristocráticas, reumáticas… e indescritibles coma a señorita Bubble.
Na vila todo o mundo a chama a Meiga Caníbal pero… Quen é en realidade esa muller de aspecto peculiar?

Noa e Sofi, dúas nenas de espírito aventureiro están dispostas a descubrir que se agocha tras as portas da misteriosa Mansión Bubble.

Ilustración interior
«—Imos alá. Ábrete, sesamo!
E tan pronto a Señorita Bubble pronunciou esas palabras, as portas mecánicas abríronse, mostrado todo un mundo onde a ciencia e a tecnoloxía latexaban coa forza dun corazón mecánico».

Opinión persoal

A pluma de Ledicia Costas sorprende unha vez mais con esta novela divertida, fresca, chea de cousas imposibles e algo máxicas, con personaxes peculiares e fortes mensaxes.

Se alguén pode facer que creas no imposible e sen dúbida a señorita Bubble
Con esa forma de vestir tan peculiar (Quen non quere un sombreiro cheminea?) eses tolos trebellos, esas ideas que rozan o imposible e esa facilidade de facerte crer no incrible.

De todos os personaxes excéntricos que levo coñecido, Bubble é unha das miñas favoritas.

Noa e Sofi: As pequenas irmás chegan para demostrarnos que non debemos fiarnos das aparencias e que debemos saber ver mais aló da imaxe que a desconfianza e o medo crean. Creo que todos levamos un pouco destas irmás dentro e que non debemos perdelo.

Esta novela duroume un suspiro, unha desas tardes perfectas para ler no xardín, Deixoume con ganas de coñecer mais a esta inventora e as súas ideas tan fantásticas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *