portada

Recensión: Remexido de patacas, de Eli Ríos.

Ola, lectores. Hoxe veño cunha nova recensión.

Hoxe vimos falar de Remexido de patacas, de Eli Ríos.

Datos bibliográficos

portada

  • Título: Remexido de patacas.
  • Autora: Eli Ríos.
  • Editorial: baía edicións.
  • Páxinas: 81

Sinopsis:

A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.

Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.

Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.

Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza.

Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. Úsaos ao gusto.

Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita!

Recensión.

¿Que será capaz de facer a protagonista desta historia para esperar do pesadelo no que vive?

 

Opinión persoal:

Non sei moi ben como falarvos desta curiosa historia e das súas protagonistas.

En apenas oitenta páxinas Eli Ríos conta una historia, na que a protagonista a de: derrotar o menstruo que convite a súa vida nun pesadelo constante, loitar xunto a unha amiga, pola súa liberdade.

Esta novela, coma outra de Eli, ten moita crítica e denuncia social. Neste caso os temas que se tratan son: a violencia de xénero e o sistema social patriarcal no que vivimos.

Pasemos falar das protagonistas desta novela, que serán as encargadas de por sobre a mesa varios temas e reflexións moi importantes.

Algo que me gusta moito das  personaxes de esta autora e que cada lector as pode imaxinar como queira. A personalidade das protagonistas está moi ben creada, transmiten moitas emocións.

Neste caso a protagonista demostra ter un carácter moi forte, moita sangre fría e un curioso gusto para poñer nome os gatos.

Pili, a outra protagonista, pareceume moi curiosa. Si, curiosa e a palabra. Ten uns coñecementos moi… Raros.

E moi difícil falarvos dun libro tan cortiño sen facer ningún tipo de spoiler.

 

Vos acordades cando falamos de Dx?  O final desa novela tamén me deixou con máis preguntas que respostas. Son finais que te deixan moito a imaxinación pero que a vez deixan moitas dúbidas. E algo que me fai darlle moitas voltas a historia.

 

En resumidas contas: Esta novela remexe moitos temas e emocións. O estilo de Eli, coma sempre, resulta fluído e poético, o que fai que te metas máis na historia que conta.

 

Vémonos na próxima entrada, meus queridos lectores.

Escucha la entrada

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.