Recensión: Remexido de patacas, de Eli Ríos.
Ola, lectores. Hoxe veño cunha nova recensión.
Hoxe vimos falar de Remexido de patacas, de Eli Ríos.
Datos bibliográficos
- Título: Remexido de patacas.
- Autora: Eli Ríos.
- Editorial: baía edicións.
- Páxinas: 81
Sinopsis:
A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.
Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.
Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.
Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza.
Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. Úsaos ao gusto.
Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita!
Recensión.
¿Que será capaz de facer a protagonista desta historia para esperar do pesadelo no que vive?
Opinión persoal:
Non sei moi ben como falarvos desta curiosa historia e das súas protagonistas.
En apenas oitenta páxinas Eli Ríos conta una historia, na que a protagonista a de: derrotar o menstruo que convite a súa vida nun pesadelo constante, loitar xunto a unha amiga, pola súa liberdade.
Esta novela, coma outra de Eli, ten moita crítica e denuncia social. Neste caso os temas que se tratan son: a violencia de xénero e o sistema social patriarcal no que vivimos.
Pasemos falar das protagonistas desta novela, que serán as encargadas de por sobre a mesa varios temas e reflexións moi importantes.
Algo que me gusta moito das personaxes de esta autora e que cada lector as pode imaxinar como queira. A personalidade das protagonistas está moi ben creada, transmiten moitas emocións.
Neste caso a protagonista demostra ter un carácter moi forte, moita sangre fría e un curioso gusto para poñer nome os gatos.
Pili, a outra protagonista, pareceume moi curiosa. Si, curiosa e a palabra. Ten uns coñecementos moi… Raros.
E moi difícil falarvos dun libro tan cortiño sen facer ningún tipo de spoiler.
Vos acordades cando falamos de Dx? O final desa novela tamén me deixou con máis preguntas que respostas. Son finais que te deixan moito a imaxinación pero que a vez deixan moitas dúbidas. E algo que me fai darlle moitas voltas a historia.
En resumidas contas: Esta novela remexe moitos temas e emocións. O estilo de Eli, coma sempre, resulta fluído e poético, o que fai que te metas máis na historia que conta.
Vémonos na próxima entrada, meus queridos lectores.
Escrito por Arthemisa