Recensión: Nosoutras, de María Victoria Moreno

Recensión: Nosoutras, de María Victoria Moreno

Bo día lectores!  imos falar de relatos que maría Victoria Moreno redactou para un público mais adulto. Como xa sabedes esta atura escribiu sobre todo para os cativos pero tamén ten textos escritos para lectores un pouco mais maiores. Falemos de nosoutras.

Datos bibliográficos:

Portada

  • Título: Nosoutras
  • Autora: María Victoria Moreno
  • Páxinas: 88
  • Editorial: Urco Editora.
  • Encadernación: Rústica

Sinopsis

O presente volume recolle sete textos que María Victoria Moreno escribiu en diferentes etapas da súa traxectoria literaria e que comparten o feito de non estar escritos pensando no público máis novo. Os relatos «O aguinaldo», «As follas feren xemendo», «Contra a noite» e «A casa das Marías» corresponden a unha etapa na que aínda non tomara a firme decisión de entregarse á lingua galega. Ao contrario que acontece cos relatos «A gaiola», se cadra a súa primeira contribución á nosa literatura, e «Nocturno en tres tempos».
Completa esta recompilación o texto «Nosoutras», que pola súa importancia dálle título a este libro.

Recensión persoal:

Neste libro María Victoria Moreno fala do papel da muller, da violencia de xénero, de sentimentos, da soidade, da guerra… Sete relatos que achegan unha historia e transmiten un remuíño de sensacións.

Opinión persoal:

Quizá iso sexa o mais importante desta autora, a súa capacidade de achegar tanto cunha pequena historia. María Victoria Moreno deu voz a quen non a tiña, creou historias para aqueles os que non llas escribían e reivindicou o papel de todas esas mulleres que amaban as letras e o galego coma ela.

Este libro comeza cun texto da autora falando dela e das súas compañeiras mestras e escritoras.  “Nosoutras somos cinco mulleres de Galicia, é dicir, cinco entre as mulleres que neste recanto do mapa viven”

Como xa dixen atopamos textos que falan da soidade, do amor, da violencia de xénero, da familia e todo isto con mulleres coma protagonistas. Mulleres que loitan, que aman, que sofren, que choran. Mulleres que crean mundos de tinta e papel. Mulleres que loitan cada día e que agasallan os cativos con pequenos sorrisos.

A edición que adorna e garda estes textos e unha preciosidade que está moi ben coidada.

***Recuerda que, si quieres, puedes ayudarnos.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.