Ola lectores! Hoxe vimos falar dunha bandoleira famosa, dunha muller moi brava.
A única verdade é que Pepa a Loba é unha personaxe moi poderosa. Unha muller afouta e destemida.
Datos bibliográficos
- Título: Mulleres bravas da nosa historia: Pepa a Loba
- Autora: Ledicia Costas
- Ilustradora: Eva Agra
- Editorial: Urco editora
- colección: Mulleres bravas da nosa historia
- Páxinas: 36
Sinopsis
Xela é unha nena que ten moi claro o que quere ser de maior: bandoleira. A pesar de que á súa nai non lle chista nadiña esta idea, para a rapaza non hai nada mellor no mundo que sentar a carón da avoa e escoitar, unha e outra vez, historias sobre a nosa bandoleira, sobre Pepa a Loba, a muller afouta que a pesar de todos os obstáculos que a vida lle puxo diante, conseguiu ser a capitá dunha gavela de homes e axudar a quen o precisaba. Xela nunca ten suficiente, sempre quere saber máis. E vós, queredes saber quen foi Pepa a Loba
Recensión:
Como xa sabedes, esta e a quinta entrega da colección Mulleres bravas da nosa historia. Cada libro fala dunha galega que deixou pegada. Cada historia está contada por unha autora, que está a deixar a súa pegada na literatura galega contemporánea.
Este quinto libro fala de Pepa a Loba, unha muller que anda entre a lenda e a realidade.
Como coñecemos a historia da bandoleira? Ledicia Costas presenta a historia desta muller a través das historia que conta a aboa de Xela a súa neta.
Home morto non fala.
Opinión persoal:
Estou a tempo de facer como Xela e querer ser de maior coma Pepa ou eu xa son moi maior?
Se seguides o blog sabedes dous cousas: adoro esta colección (Oxalá algo así cando eu era pequena) e encántame Ledicia Costas.
Vou contarvos un segredo, ei de admitir que apenas sabía nada de Pepa e ler esta historia, con esas ilustracións, despertoume as ganas de saber máis desta señora tan marabillosa.
Creo que Xela ten un pouco dese espírito aventureiro que levamos todas dentro e que caracterizou a Pepa.
Chámome Xela e de maior non quero ser médica, nin tampouco enxeñeira nin avogada. Nin sequera pilota de avión, que é algo bastante atractivo para unha nena. Nada diso. Eu de maior quero ser bandoleira, e punto. Xa o teño decidido e non penso mudar de opinión.
Debo dicir que o trabalo que fixo Eva Agra, coas ilustracións deste libro e fantástico. Por certo, a referenza o volume dedicado a Rosalía de Castro e fantástico.
Xa sabedes que son moi fan destes libros e que sempre os recomendo.