Hoxe estou acompañada dunha pequena píntega que ven salvar os contos. Imos a por unha nova recensión.
Índice
Datos bibliográficos:
- Título: Marta e a píntega
- Autora: Eli Riós
- Nº de páxinas: 132.
- Colección: árbore.
- Encuadernación: Tapa branda
- Editorial: GALAXIA
Sinopsis:
Marta é unha nena á que lle pasan cousas incribles.
Como, por exemplo, saltar ao mundo dos contos. Alí agardan por ela personaxes que coñecemos de sempre e que a necesitan para solucionar un problema ben gordo.
Recensión:
Marta acaba de reñir coa súa nai cando descobre unha pequena invitada no seu dormitorio que a levará a vivir unha gran aventura.
Marta coñecerá as princesas que tantas veces vimos nas películas e nos contos pero un pouco cambiadas. Estas mozas xa non queren un príncipe azul, nin unha coroa, nin casar por todo o alto. Cales son os soños das princesas? Descubre todo o que anelan estas mozas nesta divertida historia.
Opinión persoal:
Unha historia divertida, tola, chea de aventuras e cunha mensaxe moi imporante. E hora de romper cos roles de xénero e demostrar que as mulleres, incluso as princesas clásicas, aspiramos a alago mais que casar cun príncipe.
A través dunha historia de fantasía Eli Ríos constrúe nas princesas aventureiras, fortes, con soños moi diversos e que nos transmiten unha mensaxe moi imporante “Podes ser o que queiras ser”
Este libro está enfocado para nenos de primaria e conta cunha letra grande e ilustracións para que os cativos divírtanse e desfruten mais da historia.
incluíndo elementos como tabletas a autora consegue achegar o presente as historias mais clásicas.
Necesitamos mais historias coma estas, onde as mulleres sexan as que leven a voz cantante e onde non precisen dun príncipe para ser salvadas.
Animo a grandes e maiores a ler eta historia e a desfrutar das peculiares aventuras que aquí nárranse.