Recensión: Jules Verne a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.

Hoxe teño par vos a recensión de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta o último libo da autora Ledicia Costas.

Datos bibliográficos:

Recensión:

E coñecido que Jules Verne estivo en Vigo un par de veces traído pola casualidade. 

E se non fora froito do azar que o autor chegara a cidade? 

Estamos no ano 1884 no día 21 de maio e o iate do afamado novelista acaba de atracar no porto de Vigo por unha suposta avaría, ou iso quere facer crer Jules. 

Que trae a o novelista a Vigo? A resposta e Violeta e a sua familia ou mellor dito a estirpe de mulleres planta que reside na cidade. 

Violeta ten  13 anos, e neta de Phipot, un coñecido boticario e a súa esposa, Melisa.

Melisa está enferma e Phipot busca a contra reloxo unha cura para sua mulleres. 

Cando Jules Verne chega a botica co seu grumete, Violeta e o seu avó danse conta de que o autor sabe da existencia das mulleres planta o que desperta a desconfianza no boticario e a curiosidade na nena.

 Poderá Jules Verne axudar a Melisa?

##

Opinión persoal:

Encantoume a volta que da a autora a visita de Jules Verne a Vigo, a creación das mulleres planta o ben que explica que son fai que podas  velas como algo real.  

Pierre e Violeta creo que son os personaxes que mais me gustaron e a os que mais cariño acabei colléndolles.

Ledicia consegue crear un Vigo cheo de segredos e maxia que dan ganas de visitar. 

Unha novela amena, entretida, chea de detalles fantásticos e que invita a crer no imposible.


Escrito por Arthemisa