Recensión: Fóra do normal, de María Reimóndez

Bo día, lectores. Gustavos a banda deseñada? O protagonista desta rencensión é moi fan das historias dos cómics. Queredes coñecelo? Imos aló.

Datos bibliográficos

Portada

  • Título: Fóra do normal
  • Nº de páxinas: 152
  • Encuadernación:Rústica
  • Editorial: XERAIS

 

Sinopsis

 

Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017.

André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entender a vida allea ao contexto urbano no que se ve obrigada a inserirse. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a verse ampliada nunha especial Patrulla Trans, grazas a Martín e Xela, outras dúas persoas moi distintas que axudan a André a comprender que cómpre coñecer para querer. Así, por fin amparado pola súa rede afectos e pola lectura das aventuras dos heroes do cómic clásico, un camiño para a comprensión do mundo, André asumirá que para a superación dos conflitos a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son: «no medio da treboada, a única heroicidade é resistir».

Opinión personal

Unha historia de denuncia a transfobia, o bullyng, o machismo e critica o desuso da lingua galega.

Prexuízos contra o colectivo trans que se materializan a través dun entorno que nega a identidade de André que busca atoparse e loita contra a ansiedade, que lle produce un pai que catalogou o seu fillo de monstruita, contra a depresión e o bullyng que sofre na escola.

André atopa un refuxio nos heroes das historias da banda deseñada e segundo crece o personaxe cambian os seus referentes.

As amizades de André sofren unha imporante evolución o longo da trama que compleméntase co crecemento do protagonista e da visibilidade a outra situacións das que non falamos abertamente por medo e prexuízos.

Dos personaxes secundarios destaca Mucha, unha moza con moito carácter que marcará un antes e un despois na historia de André.

A historia está narrada dende o punto de vista de André permitindo coñecer así o seu pasado, a súa nai e a axuda que lle brinda para comprender quen é.

Fóra do normal é unha historia de aceptación, amizade e amor cunha grande crítica social que deberíamos ler todes para normalizar historias como a de André e crear así un mundo onde ninguén este fóra de lugar.


 

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.