Recensión: DX, de Eli Ríos.

Ola lectores!

Hoxe vimos falar dunha historia que podería acontecer na vida real. Hoxe imos falar de DX.

Datos bibliográficos

Sinopsis:

la. Son Andre. Sobrevivín á avaricia e ao capitalismo máis atroz.

Aquí, na Horta do Cura, chegou o momento de comezar a reconstruírnos.

Acompáñasme?

Recensión persoal:

Todo comezou o un de xaneiro de 2030…

Andre e Morgan deberán descubrir que lle pasou a todo o mundo en noite vella.

Opinión persoal:

O que máis me gustou desta novela foron os seus personaxes. Andre e Morgan son lenzos en branco que cada lector pinta como quere.

Ter unha novela así, no panorama xuvenil, con personaxes que poder debuxar como queres, é un sopro de aire fresco para o colectivo LGTB.

Para crear estes personaxes, a autor utiliza termos neutros, que lonxe de quedar forzado, queda moi natural e resulta cómodo de ler.

Estes protagonistas dan visións opostas do mesmo mundo, remarcando as diferenzas entre as súas posicións. Morgan ve a cara cómoda do seu entorno e Andre, ensina a realidade oculta tras esa visión.

Outra cosa que chama atención desta novela é o cambio de narradores. Algúns capítulos están narrados por Morgan e outros por un narrador externo. O principio confunde un pouco este cambio de voces pero o final rematas por acostumarte.

Esta historia transcorre nun escenario, que inda que está  ambientado no futuro non diferénciase moito do noso presente.

Por suposto, atoamos crítica a sociedade actual e o capitalismo. Vemos estes detalles na vida dos protagonistas e no seu entorno.

O que máis asusta desta novela e que o perigo que presenta podería ser real. Esta historia demostra como a insensatez mesturada coa avaricia  poden provocar a destrución do mundo que coñecemos.

Cando debemos deixar de xogar con algo que non rematamos de entender?, onde están os límites?

Eu, cando rematei a novela, fun buscar información sobre o que se menciona e quedei sorprendida. Sorprendida porque resultoume impresionante como colle algo tan descoñecido e común e o transforma nun pesadelo.

Falando de cousas que sorprenden… A explicación, ou mellor dito, explicacións, que atoamos detrás das siglas DX.

Para rematar, falarvos do final deste libro.

Cando rematei a historia quedei mirando para o libro cos ollos abertos de par en par. Sabedes eses finais que deixan máis preguntas que respostas? Pois este é un deles. O remate desta historia e moi aberto e deixa unha gran pregunta no aire (Sabedes o difícil que é falar disto sen destripar nada?)

Fechei o libro e corrín a facer tres cosas: rossmar por ese final, deixarlle o libro a miña nai (Que é fan da autora pola miña culpa)  e expresar a miña indignación a autora,

Descubrín que o libro remata como remata para que cada lector de o final que máis lle guste, este detalle fai a historia un pouco máis túa. Eu, como non, fixen o meu final e quedei moi contenta con como completei o remate da historia.

En liñas xerais: Que me pareceu a historia? Orixinal, fresca, potente, crítica, aterradora, nalgunhas partes, crítica e cércana.

Aquí remata esta entrada falando de DX, de Eli Ríos. Animádesvos a lela?  Si é así contádeme.

Un saúdo.


Escrito por Arthemisa

En calidad de Afiliados de Amazon, obtenemos ingresos por las compras adscritas que cumplen los requisitos aplicables. Los enlaces a Amazon de esta entrada son enlaces de afiliado: si compras a traves de ellos recibimos una comision, sin coste adicional para ti.