Recensión: Costa do solpor. O regreso da illa do tesouro

Ola lectoras e lectores hoxe collemos o noso sombreiro pirata, o loro e pata de pao para embarcarnos nunha nova recensión.

Todos coñecemos a historia da illa do tesouro de R. L. Stevenson. Ben por ler o libro ou polas múltiples adapatións que esta ten: Películas, serie, videoxogo… Pero, hoxe non veño falar do clásico, se non de:

Datos bibliográficos

Sinopse:

Na illa do tesouro coñecemos a Jim Hawkins, un rapaz que traballa nunha poaa xunto os seus pais e que coñece un misterioso pirata. Jim embarcarase nun navío para atopar A illa do tesouro. O final da novela cóntase que a viaxe de volta foi unha travesía tranquila, sen incidentes. Pero… E se non fora así? En costa do solpor o autor cóntanos unha viaxe volta moi diferente a que cóntanos o clásico.

Que imos atopar?

Opinión:

Unha novela que aumenta o universo creado por Stevenson, contada de unha forma que te fai sumerxirte na historia.

A aparición de terras galegas foi quizá o que mais chamou a miña atención. Considero que é unha novela pefecta para ler este verán: pola súa historia, ambientación, narración, aventuras… Unha novela ideal para os amante d clásico, do mar e das aventuras.

Vémonos na próxima historia. Un saudo.

*** Recuerda que puedes leer más reseñas entrando aquí.


Escrito por Arthemisa