Saltar al contenido

Recensión: “Cartas de Inverno”. Agustín fernández Paz

Datos do libro:

Portada:

Título: "Cartas de Inverno"

Autor: Agustín Fernández Paz

Editorial: edicións Xerais

Colección: Fóra de xogo

Primeira edición: 1995

Páxinas: 123

 

 

Sinopse:

Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.

En 2016, este libro ía pola súa 36ª edición, o que a sitúa como unha das obras máis importantes do autor galego.

 

 

O autor: 

 

Agustín Fernández Paz naceu o 29/05/1947 en Vilalba, (Lugo). Impartiu numerosos cursos relacionados coa didáctica da lingua, sempre vinculado a movementos de renovación pedagóxica; ditos cursos déronlle us dos papeis máis importantes dentro da literatura galega polo seu afán de renovación.

Foi gañador de mumerosos premios, tales como o "Premio Merlín" en 1989 co libro "as Flores Radiactivas"; 2004, " Irmandade do Libro", coma mellor autor do ano; "Premio Xosé Neira Vilas", en 2007 co libro "o Único que Queda É o Amor"... e moitos máis.

Faleceu en 2016 na cidade "olívica".

 

Opinión sobre a obra:

É unha historia narrada de forma epistolar, onde cada carta se emprega para describir as sensacións das personaxes, así como facer un percorrido pola casa onde Adrián e Sabier están a vivir esta aventura tan tremulenta.

En canto ao final, a miña valoración é moi positiva, pois é aberto e deixa voar a imaxinación do lector cara aos seus medos, pois en ningún momento se concreta cal é o mesterio que rolda pola casa encantada, o que permite que o lector  sitúe aí os elementos que máis pavor lle xeran.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Centro de preferencias de privacidad

Cookies propias del sitio

Se usan para almacenar tu nombre, correo, IP y demás datos que dejas en los formularios de comentarios, contacto, acceso y tus preferencias de privacidad.

AUTH_KEY, SECURE_AUTH_KEY, LOGGED_IN_KEY, NONCE_KEY, comment_author, comment_author_email, comment_author_url, rated, gdpr, gawdp, wfwaf-authcookie, wordpress_logged_in, wordpress_sec, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-time-1, wp_woocommerce_session, a11y-high-contrast, a11y-larger-font, __cfuid, tk_lr, tk_or, tk_r3d

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente datos para conocer tus usos de navegación, y los elementos compartidos en redes sociales. También son usadas por el sistema de afiliados de Amazon.