Recensión: A Balada dos Unicornios, de Ledicia Costas

Bo día lectores! Eu aparezo nas entradas de Arthemisa e, como non podía ser menos, ela ten que aparecer nesta, posto que se non lle deixo opinar é moi posible que deixedes de recibir as miñas entradas.

—O que acaba de suceder no cuarto de León é o que os humanos chamades amor? —O amor non sucede, amigo. O amor mastígate por dentro dun xeito inexplicable.

Datos do libro:

Sinopse:

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución… e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

—Tes medo de algo? —Da propia felicidade, supoño. Ninguén que de verdade amase logra saír ileso, León —engadiu ela, pensando en Wendy e Sophie.

A autora:

Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e »Un animal chamado néboa» (Xerais, 2015) a cuarta. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015 en 2017 «A señorita Bubble». Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.

###

Personaxes:

decrépita, malvada, aciaga e nauseabunda.

—Non me refiro a iso, Tic-Tac. Quero dicir que semella unha persoa adulta por como fala, por como se expresa, pola tristura que irradian os seus ollos. Ningún neno debería ser infeliz.

Opinión persoal

Outra novela mais de Ledicia Costas que chega ao seu fin e, para non variar, outra novela que me deixa sen palabras. Nesta obra podemos atopar moitas referencias á Bretaña e, sobre todo, a unha das mellores escritoras que deu esa terra: Mary Shelley e a súa obra Frankestein. A este personaxe podémolo ver reflictido en León, un rapaz que loita por dar vida e, cando o consegue, ten que facer fronte a moitos problemas, aínda que no seu caso é por culpa da sede de poder doutras persoas.

Nesta historia paseámonos por un Londres pragado de misterios e asasinatos, unha cidade na que as ansias de poder obrigan a nosa protagonista a fuxir en busca de axuda para salvar ao seu amigo León.

O papel da muller nesta novela non queda relegado a un segundo plano, xa que é ela quen debe ir na procura dun remedio que, de algunha forma, salvará a tódolos londinenses aínda que eles non o saiban. A protagonista amósase coma unha muller forte, que domina as artes científicas, sen empregar a maxia en ningún momento a pesar de coñecela. Merece tódolos nosos respetos porque, a pesar das travas coas que se atopa consegue, dalgunha maneira, acabar cun dos señores máis sanguiñentos da historia da cidade case sen axuda.

Soamente podo rematar a miña opinión persoal pedíndolle á autora que tarde moito en abandoar a súa pluma máxica, que dende o blog esperamos seguir acompañándoa ao longo de moitas páxinas máis e, sobre todo, que sempre deixe voar a súa imaxinación moi lonxe, pero cun retorno que lle permita xogar tan ben coas verbas.

—Fóra os intestinos, quero os riles limpos, quero as túas tripas, quero os teus pulmóns.

Opinión de Arthemisa:

Unha historia que mestura maxia e ciencia, protagonizada por unha moza que ostenta o título de xenio pola súa maña coa ciencia e que transcorre nun Londres cheo de misterios e salpicado pola sangue das vítimas de Jack o destripador.

Aventuras, maxia, segredos, unha guerra a piques de estoupar, amor e denuncia social.

Como podedes observar non lle falta nada a última historia de Ledicia Costas. Inclusive ten a un dos asasinos mais famosos da historia camiñando (e cantando) polas súas páxinas.

Ágata, como non podía ser doutra maneira, é unha protagonista que rompe os roles clásicos, Se pensamos nunha historia que contén maxia imaxinamos que terá unha protagonista maga. Pois aquí iso non vale. Ágata e unha gran científica, que coma moitas mulleres, ten que loitar o dobre por lograr ser recoñecida como unha xenio.

Outro cambio nos roles que atopamos é que “A damisela en apuros” é el. Nesta historia as protagonistas son as mulleres fortes.

En canto aos personaxes secundarios quero destacar a Tic-Tac. Esta pequena creación de Ágata demóstranos que os sentimentos no son nada exclusivos dos humanos.

E por onde se moven estes personaxes? Pois por uns escenarios fantásticos. Ese Londres cheo de misterio e interesen pola ciencia, a vida, a morte e o corpo humano.

A novela está pragada de pequenas referencias a Julio Verne ou a novela Frankenstein de Mary Shelley.

A historia transcorre de forma rápida e áxil. Se ven e certo que nalgunhas partes podía deterse a explicar algúns detalles que quedan un pouco no aire e que sería interesante afondar mais neles.

Déixanse varias tramas abertas que poderían dar para futuras historias. Quen sabe quizais resolvamos o misterio que se menciona ao final da novela ou coñezamos esa historia de amor da que nos falan de fondo.

Esta historia recoméndoa a toda a mocidade a que lle gusten as historias de aventuras, a ciencia, a maxia a e pluma desta autora que segue marabillando aos seus lectores.

Canto tempo pode alguén vivir botando en falta outra persoa? Se cadra toda a vida? Pareceulle o máis triste dos finais para unha historia de amor. Convivir coa ausencia engurrando o teu corazón ata volvelo diminuto.

Citas

Vémonos na seguinte recensión!


Escrito por Némesis

En calidad de Afiliados de Amazon, obtenemos ingresos por las compras adscritas que cumplen los requisitos aplicables. Los enlaces a Amazon de esta entrada son enlaces de afiliado: si compras a traves de ellos recibimos una comision, sin coste adicional para ti.