Recensión: 22 segundos de Eva Mejuto

Ola lectores! Hoxe temos a recensión dun libro que recomendo moito. Queredes saber porque? Pois a ler!

Datos bibliográficos: 

Portada: 22 segundos

  • Título: 22 segundos.
  • Autora: Eva Mejuto.
  • Editorial: Xerais.
  • Colección: fora de xogo.
  • Páxinas: 136
  • Formatos: papel e Epub.

Sinopse:

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.»Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son.»Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. «22 segundos» relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

Recensión: 

Alex ten a cámara frente a sí, esta listo para contar a sua historia, a historia de como comenzou a existir.

A luz vermella da cámara escintilaba diante del. Levaba moito tempo dándolle voltas á idea e estaba claro que quería facelo, mais agora a cámara acesa estáballe a pedir que falase xa, dunha vez.

Veña, ho, a que esperas? Bótao fóra. E logo non trousa todo o mundo o que pensa, o que fai, o que come e ata o que mexa en Internet? O que non se di é coma se non existise, dixéralle o avó un día, e xa ían sendo horas de existir. Álex, ata o de agora, só vivira de portas para dentro. Comezou a transpirar unha suor fría que lle escorregou polas costas ata o van. Xa non había marcha atrás. Estaba decidido.

 

[…]

Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede.»

22 Segundos conta como Alex, acompañado e guiado pola súa familia e amigos, percorre o camiño para chegar a ser quen é.

Personaxes:

  • O avó: ese pilar de apoio para Alex dende sempre.
  • A nai: o personaxe que maior evolución ten na novela, por como cambia a súa forma de ver a Alex.
  • Alex: gustaríame que o libro fora mais longo para coñecer mellor a Alex e profundizar mais na súa evolución e cambio.

Datos curiosos:

  • Primeira novela de temática transexual escrita en galego:  A novela de Eva Mejuto é a primeira novela de temática trans escrita en galego e ademais é literatura xuvenil. Quén dixo que os xóvenes non poden ler de calquera tema?
  • A portada: sinxela e atrevida foi o primeiro que me chamou deste libro.
  • Os capítulos: Os capítulos deste libro están numerados como segundos, os segundos que tarda o vídeo de Alex en subir a rede.
  • Alex: Qué me chamou a atención de Alex? O pronome que utiliza durante a narración según se sentía.

Opinión persoal:

Escrito de forma sinxela, directa e cercana este libro cautivoume dende o principio.

O feito de que esté contada en primeira persoa crea unha sensación de cercanía que fará que a lectura resulte mais envolvente.

Gustaríame que nalgunhas partes a autora profundizara un pocuco mais ou ampliara algunha información.

 En dedefinitiva: recomendo esta novela a toda/o aquel que desexe ler algo novoen, diferente, cercano e refrescante. 

Espero que a autora continue escribindo e que siga traendo novelas tan necesarias coma esta.

Parabéns Eva.

 

 

***
Colabora con nós

. Infórmate de cómo

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Centro de preferencias de privacidad

Cookies propias del sitio

Se usan para almacenar tu nombre, correo, IP y demás datos que dejas en los formularios de comentarios, contacto, acceso y tus preferencias de privacidad.

AUTH_KEY, SECURE_AUTH_KEY, LOGGED_IN_KEY, NONCE_KEY, comment_author, comment_author_email, comment_author_url, rated, gdpr, gawdp, wfwaf-authcookie, wordpress_logged_in, wordpress_sec, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-time-1, wp_woocommerce_session, a11y-high-contrast, a11y-larger-font, __cfuid, tk_lr, tk_or, tk_r3d

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente datos para conocer tus usos de navegación, y los elementos compartidos en redes sociales. También son usadas por el sistema de afiliados de Amazon.