Recensión: 22 segundos de Eva Mejuto

Ola lectores! Hoxe temos a recensión dun libro que recomendo moito. Queredes saber porque? Pois a ler!

Datos bibliográficos:

Sinopse:

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.»Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son.»Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. «22 segundos» relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

Recensión:

Alex ten a cámara frente a sí, esta listo para contar a sua historia, a historia de como comenzou a existir.

A luz vermella da cámara escintilaba diante del. Levaba moito tempo dándolle voltas á idea e estaba claro que quería facelo, mais agora a cámara acesa estáballe a pedir que falase xa, dunha vez.

Veña, ho, a que esperas? Bótao fóra. E logo non trousa todo o mundo o que pensa, o que fai, o que come e ata o que mexa en Internet? O que non se di é coma se non existise, dixéralle o avó un día, e xa ían sendo horas de existir. Álex, ata o de agora, só vivira de portas para dentro. Comezou a transpirar unha suor fría que lle escorregou polas costas ata o van. Xa non había marcha atrás. Estaba decidido.

[…]

Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede.»

22 Segundos conta como Alex, acompañado e guiado pola súa familia e amigos, percorre o camiño para chegar a ser quen é.

Personaxes:

Datos curiosos:

###

Opinión persoal:

Escrito de forma sinxela, directa e cercana este libro cautivoume dende o principio.

O feito de que esté contada en primeira persoa crea unha sensación de cercanía que fará que a lectura resulte mais envolvente.

Gustaríame que nalgunhas partes a autora profundizara un pocuco mais ou ampliara algunha información.

 En dedefinitiva: recomendo esta novela a toda/o aquel que desexe ler algo novoen, diferente, cercano e refrescante. 

Espero que a autora continue escribindo e que siga traendo novelas tan necesarias coma esta.

Parabéns Eva.

*** Colabora con nós

. Infórmate de cómo


Escrito por Arthemisa