Novidades

 

O mes de maio, das flores, da primaveira, da calor… O mes mais importante para a literatura galega, olo día das letras galegas.

E que noviddes trae este mes?

cg5pwoj2ol9ypgjmf7rf_400x400.jpegXerais

Terradentro-i1n15580938

Título: Terradentro

Autor: Xosé Benito Reza

Colección: Narrativa

Páxinas:  376

Encuadernación: Rústica cosido a fío

P.V.P:  19,00€

Epub: si

Sinopse:  

UNHA NOVELA DE LECTURA ENGAIOLANTE ONDE SE MESTURA DE XEITO MOI ORIXINAL A INTRIGA

COA INDAGACIÓN NOS FÍOS DA MEMORIA E DA PAISAXE..

 

Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo onde a luz a puñan os paisanos das aldeas que daban de comer aos vilegos e as sombras proviñan da memoria da guerra civil e dos fuxidos, daquela aínda ben presentes. Neste escenario desenvolve a súa vida o avogado da vila, considerado como un home perspicaz, que se verá enleado en tres misteriosos asuntos cuxa orixe pretenderá desvelar: a morte violenta dun vello fidalgo no seu casarío, un “home arisco illado do mundo no seu cotarelo”; a busca na penechaira espida da fronteira dos “tesouros que deixaron ocultos os mouros en lugares cheos de trampas”; e a inesperada aparición da cadela do alcalde pintada de verde.“Terradentro” é unha novela onde o narrador, apremado polo paso inexorable dos anos, decide recrear as paisaxes e a vida que xiraba arredor dunha desas vilas galegas en perigo de extinción, as que contaban con xulgado, notaría, rexistro, botica, médico, dentista, estafeta de correos, centraliña telefónica, cuartel, arcipreste, coche de liña, fondas e comercios de todo tipo para dar cobertura a un universo de centos de pequenos lugares que gravitaban ao seu redor nunha simbiose perfecta hoxe perdida. Unha novela de lectura engaiolante onde se mestura de xeito moi orixinal a intriga coa indagación nos fíos da memoria e da paisaxe.

 

 

Beixos-de-lingua-i1n15598773.jpg

Título: Beixos de lingua

Autor: Paco Barreiro

Colección: POESÍA

Páxinas:  96

Encuadernación: Rústica Fresado

P.V.P:  12,50 €

Epub: No

Sinopse:

ESTE LIBRO É A CONSECUENCIA DE XOGAR CO XUGO DOS FONEMAS, O SON DA LINGUA.

Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso». Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.»

 

 

Corredora-i1n15598771.jpg

Título: Corredora

Autor: María Reimóndez

Colección: Fora de xogo

Páxinas:  104

Encuadernación: Rústica cosido a fío

P.V.P: 12,50€

Epub: Si

Sinope:

CORREDORA E UNHA HISTORIA COLECTIVA DE SUPERACION DEPORTIVA.

 

Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin. Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crinzas do rural ou empobrecidas nas cidades.

 

 

XG00263101.jpg

Título: Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro

Autor: Xosé Ma Lema

Colección: fora de xogo

Páxinas:  440

Encuadernación: Rústica cosido a fío

P.V.P:  16,50 €

 

Sinope:  

UNHA NOVELA QUE EMPEZA ONDE REMATA A ILLA DO TESOURO.

 

Un tradutor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro. Tal viaxe de volta non fora tan breve como a describira Robert L. Stevenson no derradeiro capítulo d’A Illa do Tesouro, pois unha violenta tormenta obrigou o navío a buscar refuxio nunha baía da galega Costa do Solpor. Un espía da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga do barco inglés, marcha á Coruña para dar aviso ó capitán dun bergantín pirata fondeado nese porto. Da abordaxe que sufrirá a goleta só se salvará o seu grumete, Jim Hawkins, que logra chegar á costa a nado. Os piratas perseguirano, pero o rapaz farase amigo dun mozo e unha moza galegos, o Chavián e Mariña, que tratarán de liberar a goleta asaltada e salvar os seus tripulantes dunha morte certa mediante un plan moi arriscado. Unha gran novela de aventuras ambientada no século XVIII na cidade da Coruña e na costa galega, que empeza onde remata A Illa do Tesouro. A homenaxe galega a grande obra stevensoniana.

 

 

 

XG00263301

 

Título: FORMIG4S. Misión Tokyo

Autor: Pere Tobaruela /Andrés Meixide

Colección: SOPA DE LIBROS-FORMIG4S (1384114)

Páxinas:  112

P.V.P: 12,65 €

Sinope:

UNHA MISIÓN DOS FORMIG4S NA CAPITAL DO XAPÓN. FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. “Misión Tokyo” leva os FORMIG4S á capital do Xapón. O caso empeza co DOUTOR PAUMAO nun barco de deseño futurista, liberando centos e centos de bolboretas que tinxen de cores o ceo da cidade. Que tramará desta vez o científico?

Títulos anteriores da saga:

1: Formig4s: Misión París

2: Formig4s:  Misión Nueva York

3: Formig4s: Misión Barcelona.

 

 

 

XG00262701.jpg

Título: A cadencia da fractura

Autora: Isaac Xubín

Colección: Poesía

Páxinas:  64

Encuadernación: Rústica cosido a fío

P.V.P:  12,50€

Sinopse:

O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo aquilo que daba forma ao culto, tivo que aprender a cruzar os ríos. Foi así como puido reparar nos vencellos entre mobilidade, violencia, linguaxe e corpo.Todo comeza, tamén aquí, co movemento da morte, da ausencia e da derrota que prende un lume. A necesidade de determinar e de medir, a procura dun padrón. O resultado é a consciencia dos límites, dos movementos.

 

 

XG00271601.jpg

Título: Floreano

Autor: Gogue

 

Colección: HUMOR GRÁFICO

Páxinas: 216

Encuadernación: Cartonado

Epub: No

P.V.P: 17,50€

Sinopse: 

Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en “Faro de Vigo” na súa sección “Floreano” organizadas en tres apartados: “De mulleres, chiñas, rubias e varios”, “De curas, monseñores e eminensias” e “De tasas, viños e loureiros”. Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, “Floreano, My Way”, limiar de Alberto Avendaño, director de “Tiempo Latino”.“Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do “Faro de Vigo” e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais —cerebro, lingua e outras partes brandas— para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (…)Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous —que non falamos galego normativo— erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano.”Do limiar de Alberto Avendaño.

 

Ata aquí as novidades de este mes de maio.

Un saudo e ata a próxima

floreano.jpg

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *