Novidades setembro 2017

Ola a todas e todos! Xa chegou septembro e con el a Volta o cole a moitas novidades, que é o que nos trae aquí.

EDICIÓNS XERAIS

 

Comezamos falando do premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016.

Portada de luns de Eli Ríos

  • Título: luns
  • Autora: Eli Ríos.
  • Páxinas: 152
  • Formatos: papel e Epub.
  • Encuadernación: Rústica cosido a fío.

Sinopse:

Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día.”Luns”, gañadora do Premio Torrente Ballester de novela en 2016, está escrita cunha técnica arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que acontecen no día a día de Nerea.

Portada de A señorita Bubble

A señorita Bubble

  • Titulo: A señorita Bubble
  • Autora: Ledicia Costas
  • Ilustrador: Andrés Meixide.
  • Colección: sopa de libros
  • Páxinas: 168
  • Formatos: papel e Epub
  • Encuadernación: 
  • Rústica cosido a fío
  • Sinopse:

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

O segredo do avó

  • Título: O segredo do avó
  • Autor: Carles Cano
  • Traductora: Anair Rodríguez
  • Ilustrador: Federico Delicado
  • Colección: sopa de libros
  • Páxinas: 120
  • Formatos: Papel
  • Encuadernación: 
  • Rústica cosido a fío
  • Sinopse:

María e Miguel gustan dos contos que o seu avó Nicolás inventa para eles. Un día pregúntanlle en que se inspira para crealos. El dilles que saen do seu cerebro e que sería capaz de inventar tantas historias como pelos ten na cabeza. Os nenos non perderán a ocasión de retalo para seguir gozando das súas narracións.

Chega a segunda parte de Nemo. O rapaz sen nome de Davide Morosinott.

Consulta aquí a ficha de: Nemo. O rapaz sen nome

Nemo. O xigante de pedra

  • Título: Nemo. O xigante de pedra
  • Autor: Morosinotto,Davide
  • Traductora: Alonso Seisdedos, María del Carmen
  • Colección: MILMANDA
  • Páxinas: 192
  • Formatos: Papel
  • Encuadernación: 
  • Rústica cosido a fío
  • Sinopse:

Segunda entrega das aventuras de Nemo, o príncipe indio que oculta o seu verdadeiro nome para protexer a súa vida e a dos seus dous novos amigos, Ashlynn e Daniel. Xuntos percorren Europa descifrando misterios e fuxindo dos seus inimigos, dos que polo de agora se deron salvado grazas á intelixencia pouco común de Nemo e á lealdade de Ashlynn e Daniel.Varios contendentes dispútanse Bundelkhand, e Nemo, para salvar o seu reino, terá que renunciar ao seu nome e cruzar o océano na procura dun misterioso tesouro. O príncipe de pel escura, arrastrado polas correntes, fuxirá lonxe. En compañía de Daniel, de Ashlynn e do seu inseparable can Nautilus, sobrevoará Europa a bordo da súa aeronave. Praga é a meta. Alí vive un rabino que talvez poida axudalo a descifrar o enigma necesario para atopar o tesouro. Pero terá que facelo antes de que Madame Zeta e os escarlatas acaben con eles.Un mundo de criaturas lendarias, gólems e símbolos misteriosos envolve a vida do príncipe indio e dos seus compañeiros de viaxe. Entrementres, a néboa cobre as calellas de Praga, do mesmo xeito que os segredos escurecen o pasado de Nemo e os detalles da súa perigosa misión.

O neno mariñeiro

  • Título: O neno mariñeiro
  • Autor: Bernadino Graño
  • Colección: Narrativa.
  • Páxinas: 144
  • Formatos: papel e epub
  • Encuadernación: Rústica cosido a fío
  • Sinopse:

Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras.Novela de carácter autobiográfico, no ronsel de “Fins do mundo” e “Profecía do mar”, obras esenciais na traxectoria literaria de Bernardino Graña, relata aqueles días de infancia, de fame e naufraxios nunha vila mariñeira do Morrazo, nos primeiros anos da guerra. Escrita cos fíos da memoria, retrata sen nostalxia e con humor a sociedade á intemperie da galerna e dos malos ventos de mar aberto, na que, a pesar das penalidades, a rapazada respiraba o aire salitroso con alegría. “O neno mariñeiro” é unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo.

Falemos de teatro comezando polo IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil, 2016

O valo

PORTADA

  • Título: O valo
  • Autor: Carlos Labraña
  • Ilustradora: Nuria Díaz
  • Colección: biblioteca dramática galega
  • Páxinas: 64
  • Fornatos: papel
  • Encuadernación: 
  • Cartonado
  • Sinopse:

No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas, mirando as estrelas fugaces no firmamento, Sahara e o Soldadiño comparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.Peza dun único lance para dous personaxes, “O valo” propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, o xurado salientou “o carácter sobresaliente” desta peza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.

XXIII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, 2016:Suite Artabria

  • Título: Suite Artabria
  • Autor: Manuel Lourenzo.
  • Colección: Biblioteca Dramática Galega
  • Páxinas: 128
  • Formatos: papel
  • Encuadernación: Rústica cosida a fío
  • Sinopse:

Suite Artabria, de Manuel Lourenzo é un conxunto de tres pezas («Orzán», «O fulgor das atochas» e «Alerta na rúa do Pozo») con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado, «como un roteiro por algúns dos espazos máis representativos da Coruña»: o Orzán, as Atochas e a Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situacións límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantír a súa supervivencia

Rosalía de Castro e o poder sexual

PORTADA

  • Título: Rosalía de Castro e o poder sexual
  • Autora: María Xosé Queizán 
  • Colección: ensaio
  • Páxinas: 152
  • Formatos: papel
  • Encuadernación: Rústica cosido a fío
  • Sinopse:

Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, “a opresión da muller o seu tema único”.María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.

h2>KALANDRAKA

CARTA A UN PROFESOR MOZO

  • Título: CARTA A UN PROFESOR MOZO
  • Autor: Philippe Meirieu
  • Traductor: Henrique Harguindey 
  • Colección: biblioteca de pedagoxía
  • Páxinas: 144
  • Formato: papel.
  • Encuadernación: rústica.
  • Sinopse: 

“Quixera tentar procurar convosco o que funciona na cerna
do oficio, ese fogar mitolóxico de onde parte o esencial da nosa
enerxía e de onde vén tamén, nos momentos de depresión,
o noso desazo. Quixera amosarvos que, malia a avalancha
de disposicións máis ou menos oficiais e a complexidade da nosa
institución escolar, malia o peso das tarefas administrativas
que temos que realizar cada día, malia o formatado dos nosos
alumnos a través da mediocridade televisiva, malia as presións
sociais que se exercen sobre nós dende todas as partes,
malia a desaparición –no noso ambiente escolar e en moitas
das nosas reunións de profesores– de toda pegada de poesía,
é aínda posible que a transmisión aconteza na clase
e que de súpeto o oficio teña, daquela, sentido…”
Philippe Meirieu é unha das personalidades máis destacadas
da actualidade en Francia no campo das Ciencias da Educación.
Recoñecido polos seus textos e intervencións públicas en favor
dunha visión progresista da escola e da educación, nesta “Carta
a un profesor mozo” reflexiona sobre o oficio dos profesores
na actual sociedade e aborda cuestións da formación deste gremio
nas súas diversas vertentes: deontoloxía, ética, desenvolvemento
cultural e didáctico, claves cidadás…
Redactouna en 2005, recén chegado ao cargo de director
do Instituto Universitario de Formation de Maîtres de Lyon.
Trátase dun ensaio para o profesorado máis novo con indicacións
que van dende a acción docente entendida como parte
de proxectos conxuntos a escala de centros, ata a existencia
de proxectos de centro enfocados ao alumnado, pasando
pola convición de que a educación debe ser inclusiva,
consideracións sobre as avaliacións, a necesidade de traballar
con esixencia, ou o funcionamento das escolas como institucións
abertas á cidadanía.
A calidade didáctica e a súa intensa participación nos principais
debates sobre a orientación dos programas de educación
en Francia afloran nas páxinas do libro: lectura imprescindible
construída con vigor intelectual. O propio autor asina un limiar
redactado especificamente para esta edición en galego.

A TERRA DE ANNA
UNHA HISTORIA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

PORTADA

  • Título: A TERRA DE ANNA
    UNHA HISTORIA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO
  • Autor: JOSTEIN GAARDER
  • Traductor: DAVID A. ÁLVAREZ
  • Colección: Narrativa.
  • Páxinas: 160
  • Formatos: papel
  • Encuadernación: rústica.
  • Sinopse:

“…Mais na Noitevella do ano en que Anna celebrou
o seu décimo aniversario, non nevara nin nas alturas
nin nos vales. A xeada había xa tempo que chantara
os dentes na terra, pero á parte de manchas aquí e acolá,
na montaña non había neve. Mesmo o impoñente cumio
sobresaía vergoñentamente espido baixo o ceo, desposuído
do branco abrigo invernal. Entre os adultos murmurábase
algo de «quentamento global» e «cambio climático»,
e Anna tomou nota desas novas palabras. Por primeira vez
na súa vida, tivo a impresión de que o mundo se estaba
deteriorando…”
O día do seu cumpreanos, Anna recibe como agasallo
un vello anel cun rubí. A partir de aí -como a Casandra
do mito grego- a rapaza comeza a ter soños premonitorios.
Unha noite é transportada desde a súa idílica cabana na montaña
norueguesa ata o mundo desolado e agonizante no que vive
a súa bisneta Nova, en 2082: o mar incrementara moitos metros
o seu nivel e o planeta perdera a maior parte da súa riqueza,
o deserto avanzara por todos os continentes, destruíranse
numerosos ecosistemas e miles de especies de plantas e animais
extinguíranse ou estaban en vías de desaparición. Ao espertar
dese pesadelo, Anna e o seu amigo Jonas, xunto co doutor
Benjamin, tentarán advertir a humanidade do perigo para evitar
a catástrofe natural: o abuso do petróleo, a emisión descontrolada
de CO2 á atmosfera, a deforestación das superficies arboradas…
son moitas as ameazas reais e pouco o tempo para invertir
a tendencia destrutiva que aboque a un escenario tan apocalíptico.
O antigo anel que lle entregaran polo seu aniversario resultará ter
máis importancia do que parecía.
Dirixida a lectores xuvenís e a público adulto, “A Terra de Anna”
aborda o desafío medioambiental: a cabalo entre o pasado,
o presente e o futuro, entre os seus ingredientes destacan
a emoción e o misterio. Jostein Gaarder volve apostar por unha
protagonista feminina, curiosa, idealista e valente para abordar
as grandes cuestións sobre o mundo, a humanidade e a vida

MAIS DE COMPAÑÍA

PORTADA

  • Título: ANIMAIS DE COMPAÑÍA
  • Autor: MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ
  • Ilustrador: ÓSCAR VILLÁN
  • Colección: xogo de palabras.
  • Idiomas: galego, castellano
  • Páxinas: 36
  • Formato: papel
  • Encuadernación: Cartoné
  • Sinopse:  

Esta era unha vella moi vella
á que chamaban dona María.
A pobre vivía soa, moi soa,
sempre triste e aburrida.
Unha mañá subiu ao monte…
A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa
na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesen
máis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña
curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro.
Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña
que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vila
unha tremenda confusión que chegou a alarmar as autoridades.
Que habería de certo no misterioso recipiente da anciá?
“Animais de compañía” é un relato construído a partir dun xogo
de palabras que amosa o moito que pode variar a percepción
dos acontecementos ao iren pasando de boca en boca.
Estes versos rimados e cheos de humor animan os lectores a xogar
por si mesmos formando e deformando a linguaxe; unha proposta
que nos remite á obra de clásicos como Lewis Carroll.
O texto de Manuel Lourenzo González vai acompañado nesta nova
edición polas ilustracións de Óscar Villán: co seu estilo persoal
e co apoio dun intenso colorido, as imaxes destacan pola
expresividade dos personaxes e por reflectir con sinxeleza
e eficacia o divertido xogo de palabras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *