Novidades de xuño

Chega xuño e con el: a calor, as vacacións, as tardes de praia e moitas novidades moi interesantes.

 

Urco Editora:

neste mes continua a serie de mulleres bravas da nosa historia con:

Mulleres Bravas da nosa historia: Maruja Mallo

portada

Ficha:

Autora: Elvira Ribeiro

Colección:  Mulleres bravas da nosa historia.

Páxinas:  36.

Sinopse:  A través deste volume mergullámonos na vida dunha das nosas artistas máis rompedoras.
Coñecemos a aquela nena que amarrou con forza o soño de se converter nunha extraordinaria pintora.
Ela era unha muller apaixonante e apaixonada.
Unha muller intelixente, estudada que prendeu nas cores vivas, nas formas xeométricas, no cosmos e todo aquilo que podía representar nos seus lenzos.
Unha muller que fixo unha personaxe de si mesma e que non deixaba indiferente a quen se cruzaba no seu camiño.
Unha muller libre e comprometida.
Unha muller leal ás amizadas e, sobre todo, unha muller brava.
Ela era… Maruja Mallo.

Títulos anteriores:

Nas anteriores entregas coñeceos as autoras Rosalia de Castro e María Victoria Moreno.

Xerais

Os fillos do lume:

portada

Ficha:

Autor: Pedro Feijoo

Colección: Narrativa

Páxinas: 504

Ebook: Si

Booktrailer

Sinopse:
Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas.
A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na prazaateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos. Regresan os personaxes de Os fillos do mar, a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.

 

O xogo de Babel

portada

Ficha:

Autora: Elena Gallego

Colección: XERAIS MILMANDA

Páxinas: 200

Ebook: Si

Sinopse:

ALÉN DUNHA SIMPLE AVENTURA, O XOGO DE BABEL TRAZA, DESDE OS DISTINTOS PUNTOS DE VISTA E CIRCUNSTANCIAS DOS PROTAGONISTAS, UN INTENSO TRIÁNGULO AMOROSO

«Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.» Ou si?

Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas? Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta… Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal… E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala. Alén dunha simple aventura, O xogo de Babel traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante.

Promete er dunha seas novelas que coomezas e non podes soltar.

Un mundo de palabras

Ficha:

Autor: Agustín Fernández Paz

Colección: XERAIS CRÓNICA-LECTURA

Páxinas: 160

Ebook: No

Sinopse: DENDE O RESPECTO E A ADMIRACIÓN, ESTAS PÁXINAS PRETENDEN DAR A COÑECER O VALIOSO LEGADO DUN LECTOR E DUN CREADOR INESQUECIBLE.

Un mundo de palabras reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura. Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que foi ao longo da súa vida, a partir do momento en que, da man do seu pai, responsable do contaxio do pracer da lectura, entrou nun mundo que decontado o fascinou. Mais tamén accederemos ás reflexións de signo máis teórico que responden á visión e ao intenso labor do experimentado docente. Nelas afonda, entre outros aspectos, no concepto de lectura como ferramenta de acceso ao coñecemento e na súa importancia para construír unha sociedade moderna, xusta e máis libre. Convencido de que as aulas son un espazo privilexiado para a transmisión do virus da lectura e para a súa promoción, incide no decisivo papel dos docentes e na necesidade de renovar e reinventar as estratexias de animación, achegando as súas propias propostas. Estes textos permítennos gozar unha vez máis da voz de Agustín Fernández Paz en primeira persoa, da lucidez e coherencia que demostrou en toda a súa traxectoria pública, das súas mensaxes cargadas de optimismo e esperanza nun futuro mellor. Dende o respecto e a admiración, estas páxinas pretenden dar a coñecer o valioso legado dun lector e dun creador inesquecible.

 

22 segundos

portada

Ficha

Autora: Eva Mejuto

Colección: Fora de Xogo

Páxinas:  136

Encuadernación: Rústica cosida a fío

Ebook: Si

Sinopse:

UNHA OBRA QUE BUSCA VISIBILIZAR, DESDE A EMPATIA, UN COLECTIVO DE PERSOAS HISTORICAMENTE SILENCIADAS E DENIGRADAS QUE LOITA POR QUE AS LEIS –E A SOCIEDADE– DEIXEN DE CONSIDERALAS ENFERMAS..

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. “Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tanta cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son. “Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. “22 segundos” relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer.
Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

 

Non sei vos pero eu teño moitas ganas de ler este libro, e deses que me precen imprescindibles.

 

Conta saldada

portada

Ficha:

Autor: Suso De Toro

Colecciçon: Fora de xogo

Páxinas: 208

Encuadernación:  Rústica cosida a fío

Ebook: Si

Sinopse:

Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime.”Conta saldada” iníciase como unha historia de fantasmas, desenvolvéndose como unha novela trepidante de intriga e acción na que dous rapaces de ambientes sociais moi diferentes asumen os riscos de desentrañar as misteriosas circunstancias da morte do pai, nunha indagación onde tamén mudarán os seus sentimentos ás portas da idade adulta. Este feito, aparecido de improviso nas súas vidas, levaraos a descubrir, como no Hamlet de Shakespeare, que quizais ningún dos dous é como pensaba ser e que deben tomar decisións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *