Mulleres bravas, rebeldes e pioneiras.

Hoxe vimos falar de mulleres bravas, pioneiras, rebeldes.. Mulleres que deixaron pegada na nosa historia.

Colección mulleres bravas da nosa historia.

###

Autoras:

  1. Rosalia de Castro:  Maria Lado,
  2. María Victoria Moreno: Eli Ríos,
  3. Maruja Mallo: Elvira Ribeiro,
  4. Xulia Minguillón: Maria Reimondez.

Pequenas biografías escritas por diversas autoras, contadas por curiosos narradores e ilustradas por Eva Agra, son a maneira perfecta de comezar a coñecer a estas grandes mulleres que deixaron pegada no ámbito artístico galego.

##

Pioneiras galegas que abriron camiño.

Sabías que… A primeira condutora de camións foi galega? Que o primeiro matrimonio LGTB foi entre dúas mulleres galegas? Como elas moitas mais mulleres foron pioneiras galegas: doutoras, científicas, escritoras…

Este álbum ilustrado fala de doce pioneiras que seguro non coñecías.

Estes libros son moi importantes por falar desas mulleres valentes, fortes e brillantes que a historia esqueceu por ser mulleres. Estes libros son importantes por traer un referente feminino a esas nenas que non os atopan nos libros da escola. Son importantes por estar escritos e ilustrados por mulleres que están deixando a súa pegada na historia.

En castellano tenemos:

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.

Escrito por Elena Favilli y Francesca Cavallo e ilustrado por múltiples artistas, este libro, trae las historias de cien mujeres, del pasado y del presente, que han destacado en muy diversos campos.

Debido al gran éxito de este libro tendremos una segunda parte.

Las chicas son de ciencias y las chicas son guerreras:

Las chicas son guerreras. Veintiséis historias de mujeres extraordinarias y guerreras.

Las chicas son de ciencias. Trae las historias de veinticinco científicas que cambiaron el mundo


Escrito por Arthemisa