Día de Rosalía de Castro
Ola lectores! Hoxe vimos falar do Día de Rosalía.
Dende 2010 a AELG (Asociación de escritores en lingua galega) ven celebrando o día de Rosalía agasallando un libro e unha rosa e con múltiples eventos para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro.
Crecemos oíndo falar desta poetisa: Estudamos a súa vida, sen pararnos a pensar en que sentiu. Lemos os seus poemas cotando as súas sílabas e non lemos máis alo. Esquecemos que foi unha muller valente e forte. obviamos que decidiu escribir e asinar co seu nome, e todo o que iso significou na súa época.
A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual. O seu relato é enteder desde a perpectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe… á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días. Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.
Dende aquí convídavosnos a lera información que ten a Fundación Rosalía de Castro e a que ledes a esta poeta.
E como encántanos a poesía de Rosalía, Que tal se lemos algún poema seu?
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.
Follas novas (1880)
Este poema, coma moitos outros, ten versión musicalizada. Aquí tedes a versión de Luz Casal
##
Rosalía e o feminismo.
Considérase que loitou moito a través da súa pluma para que a muller puidera ter liberdade e igualdade.
Se queredes saber máis sobre esta cara de Rosalía recomendamos que votedes unha ollada a esta novidade de Xerais.
Rosalía feminista
de Rosalía de Castro e Helena González Fernández.
Sinopsis
A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.
Queremos rematar esta entrada animándovos a que agasalledes un libro, unha flor e que vos sumedes as actividades que ten a AELG no día de hoxe.
Escrito por Arthemisa