Crónica da visita de Ledicia Costas a o IES Valadares.

Onte, venres, trasladámonos a instituto IES Valadares para escoitar a Ledicia Costas falando da súa última novela  Jules Verne e a Vida secreta das mulleres planta

Tras unha presentación feita por un dos mestres do centro a autora convidou os asistentes a facer preguntas para comezar o acto.

A primeira pregunta feita por un dos alumnos de cuarto da ESO foi: Por que decidiches facerte escritora?  A raíz desta pregunta a autora comezou a contar os alumnos unha serie de divertidas anécdotas vividas na súa infancia que axudaron a que comezara a escribir.

Escoita a charla

Tras as divertidas anécdotas chegou o momento de asinar os libros. 

Nos aproveitamos para falar un pouco con ela: Como xa sabíamos este verán estará na feira do libro de Vigo e no Celsius de Avilés.

Preguntámoslle por novos proxectos e contounos un par de cousas moi interesantes, como en que mes sae o seu novo libro, de que tratará, con quen o publica… Unicamente direi que Vigo será un dos escenarios deste novo libro.

Aproveito esta entrada para ensinar a entrevista que fixemos Alba e eu a Ledicia para Radio Valadares.

E se queredes saber de que vai Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta aquí tedes a recensión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *